Bos días familias! Arrancamos coa creación de Amorote
2019-2020, a nosa revista escolar. Este curso realizarase unha edición especial
coa temática “coronavirus”.
Presentámosvos o concurso para a creación da portada, as
bases son moi sinxelas:
-Incluír o nome do centro e da revista, “Amorote
2019-2020. Edición Especial”.
-Incluír a Amorote no debuxo e a temática “coronavirus”.
-Nome, apelidos e curso do alumno/a.
-Debe ser en vertical.
Tendes ata o 15 de maio para participar. Débese enviar o
debuxo escanado a pxbdinamizacion@gmail.com
Deixámosvos tamén un documento que explica paso a paso como
escanar e enviar a portada empregando a aplicación “CamScanner”.
Ante calquera dúbida contactade co equipo no correo
electrónico: pxbdinamizacion@gmail.com
A CREAR!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario