Música en galego

martes, 14 de abril de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: Ricardo Carvalho Calero


Boas familias, o vindeiro mes conmemórase o día das letras galegas, 17 de maio, e este ano o autor homenaxeado será Ricardo Carvalho Calero.

O escritor, filólogo e lingüísta Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Do seu traballo literario cómpre destacar a súa extensa obra de poesía, novela, teatro así como no campo da crítica literaria e no da lingüística galega. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Faleceu en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990.

O Seminario Galán puxo a disposición de todos e todas o material destas letras galegas para educación infantil e primaria. Na súa páxina web, www.seminariogalan.org, poderedes atopar actividades interactivas sobre Ricardo Carvalho Calero, actividades en PDF, cartel, exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, fotos, video...

Recomendámosvos votarlle unha ollada!
Unha aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario