Bos
días familias, como xa sabedes o vindeiro 23 de abril conmemorase o Día
Internacional do Libro. A animación á lectura é unha tarefa compartida entre
familias, docentes e o conxunto da sociedade. O hábito lector contribúe a
adquisición das competencias precisas para aprender a aprender e permite unha
formación autónoma e permanente ao longo da vida. Na mesma liña, contribúe a
desenvolver as habilidades e destrezas de pensamento precisas para a
comprensión da experiencia, a reflexión, a creatividade e a conciencia crítica.
Facilitámosvos
unha guía da Xunta de Galicia na que atoparedes información de interese e
propostas de actividades que podedes levar a cabo nos fogares para sacar o
máximo proveito pedagóxico da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario