Prezadas familias, presentámosvos Amorote 2019-2020, edición especial, un proxecto que nace do esforzo e a colaboración dos membros da nosa comunidade educativa. Esperamos que vos guste.
DESCARGAR
Música en galego
viernes, 19 de junio de 2020
lunes, 18 de mayo de 2020
Letras Galegas en familia
Para conmemorar o Día das Letras Galegas propúxose desde a área de Música e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, contando coa participación de moitas das familias do CEIP Praia Xardín de Boiro un vídeo que nace desde o agarimo e que agardamos que vos guste!
domingo, 17 de mayo de 2020
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
Bos días familias!! Presentámosvos o vídeo que se elaborou
cos traballos do alumnado en torno á cultura galega. Esperamos que aprenderades
e gozarades coas propostas!
Grazas pola participación!!
“Galicia somos nós:
a
xente e máis a fala.
se
buscas a Galicia
en
ti tes que atopala!”
Manuel María
viernes, 15 de mayo de 2020
AMPLIACIÓN DO PRAZO DO CONCURSO DE PORTADA
Bos días familias! Ampliase o prazo para a entrega do
debuxo para a portada de Amorote 2019-2020. TEDES ATA O LUNS 18 DE MAIO!!
Están chegando debuxos moi creativos, ánimo e sorte a todos
e todas!!
lunes, 11 de mayo de 2020
AS NOSAS LETRAS!! Propostas de traballo para festexar a cultura galega
Bos días familias!! Damos comezo a semana das letras
galegas.
Achegámosvos unha serie de propostas de traballo para
festexar a cultura galega.
Neste documento podedes ver as propostas explicadas máis polo miúdo e acceder aos diferentes enlaces:
DESCARGAR
Engadimos este vídeo cunha adaptación de “As pitas baixo a
choiva” con pictogramas, creado pola nosa mestra de Audición e Linguaxe,
Bárbara.
Un preguntoiro musical:
Ante calquera dúbida podedes contactar co equipo de
dinamización a través do correo electrónico:
pxbdinamizacion@gmail.com
Esperamos as fotografías das vosas creacións e experiencias!
martes, 5 de mayo de 2020
CONCURSO DE PORTADA: AMOROTE 2019-2020!!
Bos días familias! Arrancamos coa creación de Amorote
2019-2020, a nosa revista escolar. Este curso realizarase unha edición especial
coa temática “coronavirus”.
Presentámosvos o concurso para a creación da portada, as
bases son moi sinxelas:
-Incluír o nome do centro e da revista, “Amorote
2019-2020. Edición Especial”.
-Incluír a Amorote no debuxo e a temática “coronavirus”.
-Nome, apelidos e curso do alumno/a.
-Debe ser en vertical.
Tendes ata o 15 de maio para participar. Débese enviar o
debuxo escanado a pxbdinamizacion@gmail.com
Deixámosvos tamén un documento que explica paso a paso como
escanar e enviar a portada empregando a aplicación “CamScanner”.
Ante calquera dúbida contactade co equipo no correo
electrónico: pxbdinamizacion@gmail.com
A CREAR!!
martes, 28 de abril de 2020
XOGOS NA RÚA
Bos días, dende Aulas Galegas, Milhina aproveita para indicarnos
a través dos pictogramas o que debemos facer ao saír a rúa e propoñer xogos.
Gozade xogando na rúa e lembrade seguir as normas.
Unha aperta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)